Concentración silenciosa en repulsa polo asasinato da moza noiesa Gloria García

Concentración silenciosa en repulsa polo asasinato da moza noiesa Gloria García

16 de Maio, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Centro de Información á Muller (CIM) e o Departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro convidan a todos os cidadáns, grupos políticos e asociacións locais a participar na concentración de solidariedade polo asasinato da moza de Noia Gloria García, de 19 anos, que terá lugar o vindeiro mércores día 18 de maio ás 11.00 horas na Praza de Galicia.

Lerase un manifesto de condena e gardarase un minuto de silencio en memoria da vítima.

O Departamento de servizos sociais e o Concello de Boiro queren tamén recordar ás persoas da nosa localidade que poidan estar sufrindo situacións de violencia ou acoso que dispoñen de servizos gratuítos e especializados, totalmente confidenciais á súa disposición no Centro de Información á Muller, C.I.M. do noso Concello, teléfono  981 84 28 26.

Sociedade