Concerto de 2nafronteira na casa de Curros Enríquez en Celanova

Concerto de 2nafronteira na casa de Curros Enríquez en Celanova

28 de Xullo, 2011 - 12:00 h. | Publicada por Radio Allariz

O grupo “2nafronteira”, formado por Carmen Penim e o pianista Maurizio Polsinelli, ofrecerá na casa familiar de Manuel Curros Enríquez en Celanova un concerto con versións de poetas galegos mañá ás 20.30 horas. O dúo, procedente de Italia e creado en 2007, actuará na Horta da Palabra da casa museo para dar a coñecer aos celanoveses algúns dos novos t

No 2011 publicaron o disco "Humo en los ojos", que vén a recoller parte do traballo de composición que fixeron nos últimos dous anos. Actualmente están inmersos na composición de músicas para poetas galegos, tanto clásicos como actuais. Nas súas músicas pódense recoñecer ritmos da música tradicional e culta galega e de outras variadas orixes. En Italia levan a cabo unha intensa actividade de concertos, colaborando frecuentemente con asociacións culturais e concellos. Tamén se desprazan a España e a Galicia, onde os concertos son igualmente moi ben acollidos. Os seus vídeos en youtube, sempre auto producidos como o disco, recibiron en total mais de 5.500 visitas en só seis meses, e unha das cancións (A lavandeira) superou as 2.600 visitas en só catro meses. A principal característica dos concertos do dúo son a perfecta unión entre unha elevada calidade técnica cunha gran paixón interpretativa que non deixa indiferente.

Sociedade