Concerto de balde de Ortiga e Grande Amore

Concerto de balde de Ortiga e Grande Amore
01 de Febreiro, 2023 - 06:32 h. | Publicada por Radio Fene

O vindeiro 7 de febreiro celebrase o Día dos Medios en Galego. A Asociación de Medios en Galego (AMEGA) está formada por máis de 130 medios que utilizan a nosa lingua como vehículo e promove a conmemoración desde hai seis anos.. Este 2023 o dia celébrase cun concerto de Grande Amore e Ortiga o xoves 9 de febreiro na sala Capitol de Santiago de Compostela. O evento será de balde (cómpre sacar invitación en www.salacapitol.com ou en www.ataquilla.com a partir deste xoves 2 de febreiro ás 12,00 horas) ata completar aforo.

O 7 de febreiro lembra a saída da primeira publicación xornalística realizada integramente na nosa lingua. Aló por 1876, Valentín Lamas Carvajal editaba en Ourense 'O Tío Marcos d'A Portela'. Así, nesta mesma data do ano 2023 terá lugar unha rolda de prensa de presentación no Pazo de San Roque ás once da mañá coa presencia de Valentín Garcia, secretario xeral de política lingüística, Mercedes Rosón, concelleira de Acción Cultural de Santiago de Compostela, e o artista Ortiga. Ademais, o xoves 9 de febreiro ás 20,30 horas, emitirase un programa de radio en directo dende a sala Capitol a través das ondas de Radiofusión. Ao rematar o espazo radiofónico conducido por Pablo Garcia e Susana Falcón, dará comezo un concerto de Ortiga e Grande Amore. . Na actualidade, AMEGA está formada por 130 medios polos que que en cada rolda de prensa, en cada boletín informativo, en cada noticia, reportaxe, entrevista, infografía… a lingua e a ollada galega están presentes. Co obxectivo de seguir movendo o galego entre a nosa mocidade, celebraranse estas xornadas festivas con dúas das referencias máis relevantes no panorama musical da nosa terra.

Na imaxe, acto de celebración do Día dos Medios en Galego no ano 2022.

 

Cultura

Publica o teu comentario agora