Concerto en Pontedeume

Concerto en Pontedeume
17 de Marzo, 2023 - 12:10 h. | Publicada por Radio Fene

Hai máis de 20 anos, María, Teresa, Carolina e Ana fundaron Faltriqueira en Pontedeume. Na actualidade, son cinco integrantes logo da incorporación de Lucía. O 29 de abril regresan as súas orixes. Falamos con Ana Leira.

 

ESCOITA O PODCAST:

Faltriqueira actuará o vindeiro 29 de abril na sala Guión de Pontedeume. “É un lugar moi familiar e acolledor”, afirma Ana Leira no programa Sons de Nós. Logo seguirán de xira por Vigo e o País Vasco. A música segue unindo a estas cinco mulleres a pesares de que cada unha delas vive agora nun lugar diferente. O seu novo disco xa está na mente e nos directos. “O disco estaba para este ano pero ao final todo vai a ritmo caribeño. Temos a sorte de contar de novo con Pascal Gaigne, o produtor musical dos dous primeiros discos. El agora mesmo está nun momento de moito traballo. Os temas e as ideas xa están e contamos que estea para finais deste ano. Antes eramos nenas, agora somos mulleres e a expresión vai evolucionando”, destaca en Radiofusión unha das fundadoras de Faltriqueira.

Cultura

Publica o teu comentario agora