ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Barallobre rescatou un empate (2-2) fronte ao Cariño nun partido da Segunda Futgal que comezou costa arriba cun 0-2 en contra. O técnico, Borja Mesa, admitiu que o equipo saíu "apático", pero logrou reaccionar antes do descanso. Grazas ás paradas decisivas de Mario no tramo final, os locais salvaron un punto que Mesa cualificou de "doce" visto o dominio visitante en moitas fases do encontro.

O Barallobre empeza a concebir o xogo desde o risco. "Saímos apáticos, durmidos, costounos adaptarnos e o Cariño tomounos a medida e se puxo o marcador 0-2. A piques de chegar ao descanso, metemos un gol que nos deu vida, pero na segunda parte metémonos atrás e só o acerto do porteiro nos salvou" indica o preparador Borja Mesa.
Fotografía Xan Xe
Publica o teu comentario agora