ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Conmemorase hoxe, 15 de outubro, o Día Internacional das Mulleres Rurais. Unha data na que se poñen sobre a mesa a situación e reclamacións das mulleres que viven no rural galego. Tamén no rural, a conciliación é o gran reto para as mulleres, segundo destacou en Radio Fene Noelia Rodríguez, da asociación Agromuralla.
“As mulleres no rural sempre fomos o piar da familia e a día de hoxe tamén das actividades económicas”, asegura Noelia Rodríguez. Pero, igual que na zona urbana, a conciliación é un grande reto para as mulleres que viven e traballan no rural. Un problema agravado pola carencia de transporte público. “Moitas aldeas non contan con garderías nin puntos PAI, é moito máis complicado encontrar residencias para os maiores e xente que te axude se non ten vehículo propio”, lamenta Noelia que tamén sinala outros problemas como o sanitario. “Moitos centros de saúde carecen de pediatra e os nenos non teñen calendario para enfermar”. Deixounos tamén unha mensaxe positiva sobre o papel das mulleres rurais. “Parece que traemos a alegría ao rural, máis creatividade, diversificamos e animamos aos homes a que diversifiquen”.
Publica o teu comentario agora