Conciliar será doado e divertido

Conciliar será doado e divertido

01 de Abril, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Ordes

Ese é o nome do programa que o vindeiro luns dia 5 de abril rematará no Concello de Ordes. Máis de 30 nenos e nenas participan nas sesións de obradoiros e xogos que se desenvolverán entre as 9 da mañá e as 2 da tarde.

O obxectivo deste programa, que consiste en obradoiros e xogos para os rapaces durante as mañás dos días 29, 30, 31 de marzo e 5 de abril, é que os pais e nais do municipio poidan conciliar a vida laboral e familiar durante as vacacións escolares dos seus fillos.

As actividades dan comenzo ás 9 da mañá no local cultural da rúa Reconciliación e prolónganse ata as dúas da tarde, tempo no que os pequenos participantes se divirten con xogos e talleres que imparten monitores especializados.

Ademais o Concello pon a disposición dos participantes un servizo de transporte gratuíto para os nenos e nenas que viven nas parroquias.

Tal e como explicou a concelleira de Educación de Ordes, Silvia Marín, “trátase de actividades de Semana Santa nas que as familias poden deixar aos seus fillos durante as mañás de vacacións, que teñen como fin facilitar a conciliación co traballo dos pais, e ao mesmo tempo que os pequenos se divirtan con xogos e obradoiros”.

Sociedade