Concorridas festas

Concorridas festas
26 de Maio, 2025 - 12:40 h. | Publicada por Radio Fene

Perlío rematou as festas dos Santos cunha sesión vermú longa que rematou arredor das cinco e media da tarde de onte. O bo tempo animou a numerosas persoas que se achegaron ao campo da festa nas xornadas do venres, sábado e tamén o domingo.  A comisión prepara xa as festas de agosto que se celebrarán a fin de semana do 9 e do 10. 

 

Fotografia Xan Xe

Grande afluencia de público rexistraron as festas deste 2025 en Perlío. O Voto de Fundación da Procesión dos Santos creouse o 30 de outubro de 1854 segundo se recolle no folio 69 do libro de fábrica da parroquia de Barallobre datado en 1781. "Os veciños de Barallobre e Perlío unidos, acordaron en forma de voto, ir os de Barallobre á igrexa de Perlío, en rogativa coas imaxes do apostol Santiago e de San Roque. A procesión era sinal de agradecemento por cesar a epidemia de cólera morbo que desde setembro causara moita mortandade nas súas parroquias.

 

Fotografía Xan Xe

Festas dos Santos de Perlío. Maio 2025.

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora