Concurso de comparsas e baile para festexar o Antroido en Narón

Concurso de comparsas e baile para festexar o Antroido en Narón

11 de Febreiro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

Dez comparsas participan este ano no desfile e posterior festival que se celebrará o vindeiro sábado na Praza de Galicia de Narón. As agrupacións concentraranse ás cinco e media do serán na Praza da Constitución, no barrio da Solaina, e dende alí partirán cara o Concello onde está previsto que comecen as actuacións ao redor das oito. Finalizado o certame, darase paso a unha verbena popular, amenizada por unha coñecida orques

Coma todos os anos, o Antroido do Concello de Narón ten como aliciente principal o seu concurso de comparsas. No devir do festival que se celebrará este sábado na Praza de Galicia, un xurado seleccionará ás tres mellores agrupacións. Segundo avanzou a Radiofusión o concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, o que máis se valora é a orixinalidade dos disfraces, o enxeño da crítica feita na actuación, a calidade musical e o que cada actuación supoña de recuperación do Carnaval.

O Concello de Narón asigna unha axuda económica a todas as comparsan que participan no seu Antroido. A contía ascende a 900 euros, no caso das locais, e a 450 euros para as do resto da comarca. A maiores, as tres comparsas gañadoras do concurso recibirán unha figura conmemorativa do Carnaval.

Sociedade