Concurso de Decoración de Nadal

O Nadal máis vistoso
11 de Decembro, 2025 - 12:20 h. | Publicada por Radio Fene

Veciñanza de Fene, comerciantes e hostaleiros poden competir a ver quen é máis creativo na decoración de Nadal. A concelleira de Promoción Económica, Ángeles Coira, informou da convocatoria do Segundo Concurso de Decoración de Nadal do Concello de Fene.

 

ESCOITA O PODCAST:

O concurso de escaparatismo é a principal novidade nesta edición do certame, que tivo moi boa acollida na primeira edición. Outra novidade é que tamén poden competir as decoracións instaladas en portais de vivendas. A concelleira de Promoción Económica explicou que xa se recibiron as primeiras solicitudes de participación e lembrou que deben ir acompañadas dunha imaxe da decoración instalada. Esta debe permanecer posta durante todo o Nadal, entre o 21 de decembro e o 6 de xaneiro, período no que o xurado realizará as visitas, en horario nocturno. O prazo para inscribirse no certame está aberto ata o día 18 de decembro. As bases do certame poden consultarse na web do Concello de Fene.

Institucional

Publica o teu comentario agora