ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O Concello de Ordes ten todo preparado para poñer o broche final aos festexos do Entroido coa celebración do seu tradicional desfile e concurso de disfraces. Uns actos que terán lugar este Sábado de Piñata, e que darán comenzo ás 17 horas.
En total, serán máis de medio milleiro de participantes, entre os integrantes das comparsas, as carrozas e os disfraces individuais tanto de nenos como de maiores, os que desfilarán polas rúas ordenses en dirección ao campo da feira, onde se celebrará o concurso no que o Concello repartirá máis de 4.000 euros en premios repartidos nas diferentes categorías. Os premios repartiranse da seguinte maneira:
- Categoría de carrozas: haberá un primeiro premio de 700 euros e un segundo de 500 euros.
- Categoría de Comparsas: para adultos haberá un primeiro premio de 500 euros, un segundo de 400 e un terceiro de 300 euros. Para o apartado de infantís os premios serán de 250, 200 e 175 euros respectivamente.
- Categoría Individuais: para adultos haberá tres premios, o primeiro de 200 euros, o segundo de 150 euros e o terceiro de 100 euros. Para o apartado de infantís o primeiro premio será de 150 euros, o segundo de 100 euros e o terceiro de 90 euros.
Ademais a estes galardóns sumarase tamén outro premio á simpatía dotado de 200 euros, e un premio especial do Concello de Ordes á mellor comparsa municipal dotado de 300 euros.
O fallo do xurado coñecerase o mesmo día do concurso.
Desta maneira o Concello de Ordes porá o broche final á festa do Entroido no municipio, que incluíu tamén o pasado martes a celebración dunha gran “Tarde de Entroidada” na Alameda con obradoiros de maquillaxe, globoflexia, disfraces e xogos, na que participaron centos de nenos e nenas ordenses.
O alcalde, Manuel Regos, anima tanto a veciños como a visitantes a que se acheguen a Ordes este sábado para disfrutar dun Entroido que xa se ten convertido nun referente en toda a comarca, e que este ano conta cun alto grao de participación.