Concurso de empanadas en Neda

Concurso de empanadas en Neda
27 de Agosto, 2026 - 01:46 h. | Publicada por Radio Fene

 Fiel á tradición, a Festa do Pan de Neda, declarada de Interese Turístico de Galicia, volve convocar unha edición máis o seu concurso de empanadas. Este venres 28 de agosto, o Concello abre inscricións para que todas as persoas interesadas en presentar as súas mellores elaboracións poidan facelo, competindo por lograr o recoñecemento na cita, que se celebrará o vindeiro domingo 6 de setembro, e tamén, conseguir un dos tres premios que se concederán no certame ás mellores empanadas.

Para anotarse, é preciso chamar ao teléfono 981 39 02 33 (en horario de 10 a 14 h)

ou enviar un correo electrónico ao email cultura@neda.gal. Haberá que sinalar nome

e apelidos, enderezo, DNI, teléfono e ingredientes principais da empanada. O prazo

concluirá o próximo venres 4 de setembro. Ademais, as bases do concurso poden

consultarse na web municipal.

Xa no certame, as empanadas, que deberán pesar entre 1 e 2 kg, entregaranse entre

as 10:30 e as 11.00 horas na carpa “En lembranza a Albarón”. O produto quedará

en exposición, e a cata do xurado comezará ás 11.00 h, dando a coñecer o seu

veredicto tras o pregón. Formarán parte do xurado unha persoa en representación

das panaderías de Neda e dous representantes do movemento asociativo, valorando

sabor, textura e presentación.

Haberá un 1º premio de 200 euros, un 2º de 150, e un 3º de 100, canxeables todos

eles por produtos nas panaderías que participan na Festa do Pan.

Sociedade

Publica o teu comentario agora