ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Últimos días para participar na segunda edición do Concurso de Fotografía Dixital “O Camiño Inglés”, certame convocado pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés e a Asociación de Amigos do Camiño Inglés, en colaboración coa Deputación da Coruña. Unha iniciativa que busca aumentar a visibilidade e poñer en valor todos os bens patrimoniais, paisaxísticos, etnográficos, gastronómicos e culturais desta ruta xacobea.
O concurso está aberto a todas as persoas que o desexen, sexan profesionais ou afeccionados, especialmente aos centos de peregrinos que realizaron o Camiño nos últimos meses. Os únicos requisitos son que as fotografías sexan orixinais, inéditas, estean relacionadas co Camiño Inglés e sexan presentadas antes das 23:59 horas do vindeiro luns 12 de setembro.
Cada participante pode achegar ata 3 fotografías en formato dixital á dirección info@caminoingles.gal, indicando título, localización da obra (lugar e concello no que foi tomada), nome e apelidos, DNI, domicilio, teléfono de contacto, correo electrónico e perfil de redes sociais. As imaxes serán publicadas nas páxinas de Facebook e Instagram da Asociación de Concellos do Camiño Inglés.
Premios
As catro fotografías que máis reaccións positivas xeren pasarán a unha segunda fase canda outras 18 fotografías elixidas por un xurado profesional ata completar un total de 22 imaxes que conformarán unha exposición que percorrerá os distintos municipios do Camiño Inglés. O xurado elixirá as tres mellores fotografías de acordo cuns criterios de calidade artística da imaxe, creatividade, significado...
Os premios consistirán en bonos de 150, 100 e 50 euros a canxear en diferentes establecementos de aloxamento e restauración do Camiño Inglés incluídos na Rede Stelar, a rede de excelencia e atención ao peregrino promovida pola Asociación de Concellos do Camiño Inglés.
Publica o teu comentario agora