Concurso de tapas con mexillón de Boiro

Concurso de tapas con mexillón de Boiro

07 de Outubro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Neria

O Concello de Boiro, dentro do seu plan de desestacionalización turística centrada no mexillón, vén de convocar o Concurso de Tapas con Mexillón de Boiro, que terá lugar entre os días 28 e 30 de outubro. Unha iniciativa na que están convidados a participar tódolos locais hostaleiros do concello e coa que se pretender dar unha maior visibilidade non só aos produtos locais, senón tamén á oferta hostaleira local.

As bases do concurso son as seguintes:

1- O concurso está aberto a bares, cafeterías e restaurantes do Concello. 

2- Os establecementos participantes terían que inscribirse previamente. 

3- Os participantes poderían inscribirse con entre unha e tres tapas por local.  

4- Cada participante pagará unha cota de inscrición de 30€, que dará dereito a participar con unha única tapa. Por cada tapa adicional que desexe presentar ó concurso o participante fará un pago de 10€ adicionais (30€ unha tapa a concurso, 40€ dúas tapas a concurso e 50€ tres tapas a concurso).

5- As tapas inscritas terán que ter o mexillón como ingrediente.  

6- O prezo das tapas a concurso non poderá superar un máximo de 2,5 €. 

7- As tapas deberán estar a disposición dos clientes tódolos días de concurso como mínimo nun horario de 13:30 a 15:00h e de 20:00 a 22:00 h. A maiores dese horario os participantes poderán ofrecer a tapa en calquera outro momento do día. 
 
8- Os participantes deberán comunicar á organización no momento da inscrición cales son os seus días e horarios de peche ó longo dos días de concurso. O incumprimento deses horarios ou o feito de non ter á disposición do público as tapas nos horarios establecidos será, salvo causa debidamente xustificada, motivo de descalificación sen dereito a contraprestación ou devolución das taxas de inscrición. 

9- En cada un dos locais participantes o cliente recibirá, xunto coa súa tapa, un pequeno formulario de votación, que será facilitado ó establecemento pola organización, que poderá encher e que só será válido se inclúe os seus datos completos e o selo ou CIF e sinatura do local. O cliente deberá deixar o formulario no local no que consuma a tapa. Nel aparecerán recollidos os seus datos persoais así como unha serie de cuestións respecto á tapa que acaba de consumir (relación calidade/prezo, valoración xeral, emprego do mexillón, etc.) que terá que puntuar do 0 ó 5.  

10- Ó longo dos días de celebración do Concurso, e dentro dos horarios estipulados nestas bases, un xurado especializado visitará, sen previo aviso e dentro dos horarios de concurso, cada un dos locais para probar tódalas tapas a concurso. O xurado visitará os locais de xeito anónimo e pagará as súas consumicións.  

11- Á finalización do concurso a organización nos locais as papeletas correctamente cubertas e se procederá ó seu cómputo. O resultado servirá para adxudicar o premio do público (dotado con 250€) 

12- Contemplaranse varias categorías de premios:      

-Premio á mellor tapa do certame      
-Premio á mellor tapa creativa      
-Premio á mellor tapa tradicional       
- Premio do público  

13- O xurado estará formado por profesionais de recoñecido prestixio dentro do sector hostaleiro ou da comunicación gastronómica, un representante do Concello, un representante das empresas colaboradoras e un secretario, que será o responsable de organización do evento e que terá voz pero non voto. O voto do secretario só será considerado en caso de que sexa preciso o desempate.  A composición do xurado farase pública no acto de entrega de premios do certame.  

14- O xurado terá en conta uns parámetros previamente definidos (calidade da proposta, presenza do mexillón no prato, elaboración, orixinalidade, etc.), realizará as deliberacións pertinentes e cubrirá un acta concedendo os galardóns contemplados na convocatoria. A acta será ratificada polo concelleiro correspondente e/ou o Alcalde. A acta será pública e quedará á disposición dos participantes por un tempo determinado.  

15- Organizarase un acto de entrega de galardóns ó que se convocará a prensa, así como a entidades, empresas e asociacións colaboradoras. A data e lugar de celebración do mesmo será notificada ós participantes e á prensa coa suficiente antelación. 

16- A contía dos premios será a seguinte:        

Premio á mellor tapa: 500€      
Premio á mellor tapa tradicional: 250€      
Premio á mellor tapa creativa: 250€-      
Premio do público: 250€ 

17- A participación no concurso implica a a aceptación das presentes bases.  

18- O incumprimento das bases pode supoñer, segundo o criterio da organización, a descalificación do/s concursante/s sen que isto supoña dereito algún a compensación ou ó reembolso das cotas de inscrición.  

19- O pagamento das cotas de inscrición deberá facerse polo seguinte medio: En calquera Banco ou Caixa da localidade, na conta corrente do Concello,  indicando no concepto “Concurso de tapas 2010” e nome do establecemento.

20- O prazo de inscrición e pagamento das cotas estará aberto ata o venres 22 de outubro ás 12:00h.
 
21- Os concursantes deberán depositar xustificante do pagamento na Oficina Municipal de Turismo (Pza. de Galicia, s/n. Ed. Consistorial. 981-842654) antes das 14:00h do día 22 de outubro.  

22- O luns 25 de outubro parase pública a lista de inscritos e as tapas presentadas a concurso no blog do evento, http://mejillondeboiro.wordpress.com.

23- Na semana anterior á celebración do evento, convocarase unha rolda de prensa para informar ós medios dos pormenores do certame. 

INCENTIVOS PARA OS PARTICIPANTES:  Ademáis dos premios dispostos nas bases do certame, a través da colaboración das empresas patrocinadoras os establecementos participantes poderan ter acceso ós seguintes incentivos:  

1- Entre tódolos votantes no concurso que depositen a súa tarxeta de votación debidamente cumprimentada, realizarase un sorteo público no acto de entrega de premios do certame. Os tres gañadores recibirán unha botella de Viña Costeira Magnum (1,5 l.)

2- Neste mesmo sorteo seleccionarase unha tarxeta de votación que será premiada coa participación na visita ó Ribeiro que se detalla no punto 4 deste listado de incentivos. O premio é válido para dúas persoas.  

3- Tódolos establecementos participantes no certame terán dereito a participar de xeito gratuito nun curso de cata de viños dirixido por un enólogo especializado que a organización celebrará en Boiro en data por determinar que será notificada ós interesados. Poderán participar no curso ata dous representantes de cada establecemento. 

4-Tódolos establecementos gañadores en calquera das categoría terán, ademáis do correspondente premio, dereito a participar nunha visita organizada á zona vinícola do Ribeiro e ás bodegas de Viña Costeira. A visita celebrarase en data por determinar que será acordada coa empresa colaboradora que dota o premio e notificada ós interesados coa suficiente antelación.       

Sociedade