Conducindo ben podemos aforrar o 15% en consumo de combustible.

Conducindo ben podemos aforrar o 15% en consumo de combustible.

02 de Xuño, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O concello de Fene celebra as I Xornadas Medioambientais nas que mañán se debate sobre “xestión das augas e dos residuos”, coa participación de José Mª Ouro de Aquagest; Alberto Llorente de Emafesa e o xerente de Recinor,  José Rilo. Pero antes de que cheguen os debates ás xornadas, tanto onte coma hoxe desenvolveronse os cursos de conducción eficiente onde os participantes compr

Os veciños e veciñas de Fene aprenden como se poden aforrar cartos e ao mesmo tempo diminuir as emisións de gases contaminantes grazas ás clases de conducción eficiente que se desenvovlen pola mañán e pola tarde. O curso encadradase nas accións que dende a Concellería de Medio Ambiente se están a desenvolver con motivo da celebración das I Xornadas Medioambientais. As clases teóricas realizanse no Salón de Plenos da Casa do Concello, onde nunha hora se lles explica aos participantes os consellos e trucos para que á hora de conducir poidan aforrar en consumo de combustible, e que o vehículo emita menos gases contaminantes. O monitor deste curso é Xosé Manuel Golpe, membro da Axencia Enerxética da Provincia da Coruña.

Golpe explicou para os ointes de radiofusión algúns dos trucos para conseguilo que pasaríann por aproveitar a inercia do veículo cando imos parar; reducir a velocidade e utilizar ben o embrague.

  Despois veñen as clases précticas. O grupo de alumnos e alumnas fai un percorrido polo municipio durante unha hora para comprobar que os consellos dados dan resultado. O aforro de combustible que podemos conseguir, seguindo estes consellos, chega ao 15%, segundo os estudos feitos pola Axencia Enerxética. Esta tarde aprenden outros dous grupos que xa están completos dende as 3 da tarde a primeira quenda e ás 5 a segunda. 

Obradoiros:
O alumnado dos Institutos Carballo Calero, Concepción Arenal e Canido achegaranse este xoves ao Círculo de Perlío para participar nun cine forum sobre “O cambio climático”. O profesor Andrés Lamas dirixirá a sesión que se prolongará entre as dez da mañá e as duas da tarde.
 Outro documental sobre “A auga e a vida. Diversidade en perigo” proxectaráse tamén no Circulo de Perlío en sesión aberta o mesmo xoves de sete da tarde a nove da noite. Andrés Lamas, director técnico en Galicia do Instituto de Investigacións Científicas e Ecolóxicas comentará a proxección.
 
A 1ª mesa redonda das Xornadas celebrase mañán mércores, ás 7 da tarde na Casa da Cultura, baixo a coordenación do profesor Francisco Peña. Abordará "a xestión das augas e dos residuos"

Sociedade