ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Pasarán unha semana en Fene, coñecerán a fervenza do Belelle, a ría de Ferrol, Santiago de Compostela e A Coruña. Trátase dun programa de intercambio lingüístico que demostra que non existe conflicto polas linguas, segundo o director do Instituto Xoán Vazquez.
A visita dos estudantes de Italia é un primeiro paso dun ambicioso proxecto que quere coordenar o Instituto de Fene. Pretenden intercambiar experiencias e aprendizaxe das linguas con centros educativos de Rotterdam en Holanda, da Illa Reunión no Océano Indico e co instituto veneciano. Son catro centros próximos a instalacións portuarias, e no coñecemento e explotación da costa preténdese sustentar o intercambio.
Se o proxecto recibe a aprobación das autoridades educativas, alumnos de Fene visitarían Holanda en novembro do 2010 e o intercambio finalizaría en Fene en novembro do 2011. Daquí alá compartirán experiencias a través de Internet.
A profesora de Lingua Castelá Cristina Fernández Blanco coordena a iniciativa que recibe tamén o apoio da concellería de Ensino de Fene que dirixe Edgar Vigo.