Confírmase o programa das festas de Barallobre

Confírmase o programa das festas de Barallobre
01 de Xuño, 2023 - 12:41 h. | Publicada por Radio Fene

A comisión de festas de Barallobre anuncia o programa das festas do patrón. As orquestras Pontevedra e Furia Joven e os grupos Bahía e Pasión actuarán nas patronais de Barallobre. Do 23 ao 26 de xullo celébranse os festexos na honra de Santiago Apóstolo. Comezarán o domingo 23 co saúdo das festas, ás doce da mañá. 

Fotografía Xan Xe

A partir das catro haberá pasarrúas pola parroquia a cargo de “Os de sempre” de Barallobre. E ás dez da noite, saúdo das vésperas das festas. Para o luns, día 24, anúncianse pasarrúas desde as catro da tarde coa “Charanga da Carmiña”. O día grande, o martes 25, oficiarase unha misa solemne ás doce e media. Ás dúas da tarde exhibición de foguetes de artificio e posterior actuación da Orquestra Pontevedra que tamén protagonizará a verbena, desde as dez e media, xunto co Grupo Bahía de Vigo. E o mércores, 26, festa na honra da virxe do Carme. Con procesión a partir das dez e media. Sairá da igrexa ata o peirao acompañada dunha banda, para iniciar o percorrido pola ría en lanchas que chegarán a Navantia Fene Rematada a procesión terá lugar a tradicional misa. Ás dúas, exhibición de foguetes de artificio que irán seguidos dunha actuación do grupo Pasión de Narón. A verbena comezará ás dez e media. Estará amenizada polo grupo Pasión e pola Orquestra Furia Joven.

 

Na imaxe, festas dos Santos de Perlío (Fotografía Xan Xe)

Cultura

Publica o teu comentario agora