ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A moitos pais e nais atragoóuselles a comida a pasada semana cando escoitaron as explicacións do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez Abad, sobre a reforma do modelo de comedores escolares. Aínda que máis da metade das familias, un 56 por cento, seguirán sen pagar polo servizo, as demais deberán contribuír a sufragar os menús en función duns tramos establecidos pola renda e o número de fillos e proxenitores. A Xunt
Cobrar polos comedores é unha decisión que para Helena Gómez reviste especial gravidade, e non ve unha alternativa en que os escolares poidan levar a comida da casa: “Se o pai quere que o neno leve un bocadillo ou un táper, non podemos dicir nada. Pero hai nenos que a única comida que fan en condicións é a do colexio. É así de triste. E está constatado”.
A decisión do Goberno é “un ataque directo á escola pública”, engade Gómez. Destaca que rematará a gratuidade para aquelas familias que teñen o centro escolar afastado da súa vivenda. Isto para Confapa é un síntoma de que “están a desmantelar o rural”. Malia que Xunta afirma que cos ingresos desta reforma vaise dar mellor servizo, a presidenta da organización interpreta que a Consellaría “quere que as ANPAs nos fagamos cargo tamén dos comedores do rural”, ao igual que xa xestionan os dos centros situados nas cidades.
Para Confapa-Galicia, a precarización dos medios para ensino público chegou a tal punto que arestora a solución pasa pola “retirada dos concertos con centros privados, non unicamente os que segregan por sexo”, para despois investir ese diñeiro na escola pública.
Baremos
O novo sistema de prezos públicos para os comedores escolares ditado pola Consellaría de Educación permitirá calcular o custo a pagar baseándose en tres grupos diferenciados de familia e intervalos de renda neta. As familias cun único fillo (67%) que sexan monoparentais terán comedor gratis se perciben uns ingresos mensuais netos iguais ou inferiores a 1.000 euros ao mes , ou 1.500 no caso de dous proxenitores cun único fillo. Para as familias con dous fillos, ficarán exentas as monoparentais que ingresen menos de 1.500 euros ao mes ou 2.000 no caso de dous proxenitores. Para as famlias numerosas, a gratuidade sitúase por debaixo dos 2.000 e nos 2.500 euros de renda respectivamente.