Confeccións Jomer, unha tenda veterana

Confeccións Jomer, unha tenda veterana
26 de Agosto, 2020 - 01:42 h. | Publicada por Radio Fene

Atoparemos moda para home e señora en Jomer, no número 1 da Praza da Igrexa. Trátase dunha tenda con longo percorrido no comercio local. Begoña Reyes comenta que a clientela foi moi fiel e tamén perciben que ven máis xente nova que non coñecían. Segundo indica Reyes, grazas a iniciativas coma o outlet poden dar saída a moitas prendas que, posiblemente, quedarían na tenda.

ESCOITA O PODCAST:
Begoña Reyes en Confeccións Jomer

O comercio de Fene segue sumándose ao Outlet. Son 17 os comercios que participarán esta fin de semana con grandes descontos nos seus produtos.

Sociedade

Publica o teu comentario agora