Confianza no peixeiro tradicional

Confianza no peixeiro tradicional
14 de Xaneiro, 2022 - 12:41 h. | Publicada por Radio Fene

Peixería A Greta en Fene, Olimar en Barallobre, Marina en Maniños. Os detallistas de peixe percibiron un aumento do consumo deste produto no tempo do confinamento. A saída á rúa a partir do verán de 2021 en parte esfumou esa ilusión, pero mantense a confianza que deposita a clientela no peixeiro tradicional.

Fotografía Xan Xe

O comercio tradicional de peixe foi o que máis cota de mercado gañou durante a pandemia. Ademais aproveitou o confinamento para dar o salto ás novas tecnoloxías. A Greta e Marina colgan todos os dias na súa páxina de Facebook os vídeos co peixe do día. Peixería Niki da praza de Ferrol envía un vídeo diario con peixes e prezos ao seu grupo de whatsapp. Reparten o peixe a domicilio de balde.

Sociedade

Publica o teu comentario agora