A confraría do queixo

A confraría do queixo
14 de Maio, 2026 - 12:23 h. | Publicada por Radiofusión

As Emisoras Municipais Galegas forman parte da confraria do queixo de Sainte Maure de Touraine. Recibiron a medalla e o diploma correspondente Elena Martín, Pablo Santiago, Anxos García Fonte, Carlos Sardiña e Henrique Sanfiz nunha cerimonia celebrada ao pé do Château des Rohan. Probaron o queixo de cabra e comprometeronse a divulgar as excelencias deste producto.

 A Commanderie du fromage de Sainte Maure creouse en 1972 co obxectivo de promover o queixo de cabra desta vila e facer aprecialo no territorio nacional e no estranxeiro. O Gran Consello componse duns corenta dignatarios que aproveitan todas as ocasións para difundir esta maravilla da gastronomía de Touraine. Organizan a primeira fin de semana de xuño, a Foire Nationale aux Fromages, reputada polos seus concursos gastronómicos. Reúne a máis de 15.000 visitantes. 

Agradecemento a Constantino Rico

A representación de EMUGA agradeceu  o traballo realizado por Constantino Rico e pola súa familia para  a celebración das Sesións Culturais sobre Galicia, os dias 8 de 9 de maio en Sainte Maure de Touraine. Colaboraron coa iniciativa a Xunta de Galicia, o Consello da Cultura Galega e a alcaldía de Sainte Maure. 

 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora