As Confrarías de Pontevedra defenden o feito “cultural” da pesca nas Illas Atlánticas fronte ao PRUX

As Confrarías de Pontevedra defenden o feito “cultural” da pesca nas Illas Atlánticas fronte ao PRUX

14 de Outubro, 2011 - 12:00 h. | Publicada por

“Pola defensa da pesca e do marisqueo nas Illas Cíes, Ons, Sálvora e Cortegada” é o lema tralo que a Federación de Confrarías de Pescadores de Pontevedra chama ao sector pesqueiro das Rías Baixas a concentrarse mañá sábado ás 11 da mañá fronte ao edificio do Centro Tecnolóxico do Mar en Vigo. O motivo dese acto de protesta é demandar a reelaboración do Plan Reitor de Usos e Xestión do

As confrarías manteñen a mobilización do sábado porque xa a fixaran “con anterioridade” na súa asemblea, pero agradecen o interese do conselleiro Juárez por manter aberta a posibilidade de acordo. “Díxome nunha entrevista particular que había cousas do Plan que non lle cadraban”, asegura José Antonio Gómez, ao tempo que afirma que non hai discrepancias no eixo fundamental do PRUX, que pasa por compatibilizar a actividade extractiva coa protección do medio. Sostén que esa compatibilidade non precisa doutro documento, senón que xa viría fixada polo decreto de artes e aparellos, que determina “como traballar” para garantir a sostibilidade dos recursos do mar. Ademais, afirma que estes resultan abondosos.

Se o Plan de Xestión das Illas Atlánticas non se emenda e mantén as restricións de horarios e zonas de pesca, o sector máis afectado será o do “enmalle”. O voceiro dos pescadores e mariscadores mantén que, nese caso moitas embarcacións terán que ir faenar no interior da ría, aumentando o esforzo pesqueiro nunha zona castigada “pola contaminación, a presión urbanística e a náutico-deportiva”, e nunhas augas para  as que non están pensadas naves moi pequenas, de un ou dous tripulantes.

De limitarse a actividade na contorna do Parque Nacional estarase a por en perigo o sustento de moitas economías familares: ademais dos homes que saen faenar, “ao mellor a nai ou a irmá é redeira ou é a que leva o peixe ao mercado”, explica Gómez. A Federación de Confrarías de Pontevedra defende que a pesca nas Illas é un feito “socioeconómico e cultural”. Grazas a ela mantense a actividade das vilas que acollen aos portos e as lonxas, asegura.

Sociedade