ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Milleiros de persoas están pendentes en Galicia, e no resto de España, da porta que lles abre o procedemento de regularización extraordinaria de inmigrantes anunciado polo Goberno. Falamos deste asunto coa avogada colaboradora de Radio Fene María Álvarez Real.

Aínda non foi publicado no BOE pero xa se coñecen moitos detalles desta regularización extraordinaria. Sábese que será necesario acreditar a estancia en España durante un mínimo de cinco meses e antes do 31 de decembro de 2025. Tamén será necesario acreditar a ausencia de antecedentes penais graves. E a autorización de residencia permitirá traballar, explicou a letrada María Alvarez Real. Para acreditar a residencia poden aportarse documentos como o certificado de empadroamento, informes médicos, recibos ou un contrato de alugueiro.
Publica o teu comentario agora