ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana levou a Bruxelas as demandas da flota galega en relación á pesquería do lirio. Quintana reuniuse coa presidenta da Comisión Parlamentaria Europea de Pesca, Carmen Fraga e coa Directora Xeral do Mar da Comisión Europea, Lowri Evans para analizar as consecuencias para o sector do recorte nas cotas de lirio e para trasladar as demandas ás dirixentes comunitarias.
Despois desta xuntanza, Rosa Quintana expresou a satisfacción porque dende as institucións europeas entenderon as necesidades da flota e estase valorando a adopción de diferentes medidas a curto e longo prazo. A conselleira do Mar fixo tamén incidencia nas repercusións económicas que as medidas adoptadas pola Unión Europea causaron na flota de arratre galega.
Quintana presentou así mesmo os informes elaborados pola Xunta de Galicia e a Universidade de Santiago sobre a existencia de dous stocks diferentes deste peixe e polo tanto a necesidade de dous tratados distintos. Esta diferenciación podería significar que se amplíe a cota. Na zona norte o peixe capturado úsasa para uso industrial e para a fabricación de penso de peixe, mentres que na zona sur o lirio capturado é para a venda en lonxa e consumo humán.
As representantes da Xunta e o goberno central propuxeron onte que se elevara a cota do lirio en 1300 toneladas para a flota do cantábrico – noroeste. Esta medida permitiría ós barcos capturar no sur unha cantidade de stock pesqueiro que actialmente está asignada á zona norte, onde o lirio que se recolle se destina a fariña de pescado e non á pesca para consumo humán. Este incremento de Total Admisible de Capturas (TAC) será realidade de os 27 ministros de pesca da Unión Europea ratifican esta decisión nos próximos congresos.