ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Tempo de consellos para a horta. O agricultor afeccionado Luis Pena recomenda aportar nutrientes á terra como forma de previr pestes como o oidio, a botrite ou o mildiu. Aconsella facer un curso para poder facer unha poda máis efectiva. As doenzas das plantas soen chegar en xuño cos cambios bruscos de temperatura.
No verán faise a poda de limpeza, pero a poda máis completa é máis adecuado facela no inverno.
O oidio é unha das enfermidades funxicas que máis afectan ás maceiras, ao tomate e ao viñedo. Tamén o mildiu é outra das pestes que provoca máis perdas. Unha estratexia preventiva é fundamental para non ter que recurrir soamente á utilización de produtos químicos.
Na imaxe, festa da horta en Caamouco. 2019
Publica o teu comentario agora