Conservando a píllara

Conservando a píllara
10 de Outubro, 2022 - 12:10 h. | Publicada por Radio Foz

A píllara das dunas elixe cada ano as praias de Foz para a súa reprodución. A actividade humana e o uso de maquinaria constitúen a súas principal ameazas pero o plan de conservación posto en marcha polo concello permite a esta ave migratoria aniñar con tranquilidade no seu hábitat natural.

ESCOITA O PODCAST:

A píllara das dunas é unha especie moi sensíbel fronte aos acontecementos demográficos e medioambientais debido ao actual tamaño da poboación galega e a concentración dos exemplares que habitan nun número reducido de localidades. Foz é un dos concellos que forma parte do plan establecido pola Xunta de Galicia para a conservación e recuperación deste ave, tal e como explica Francisco Xavier Fanego, concelleiro de Medioambiente de Foz en Onda ODS.

Sociedade

Publica o teu comentario agora