Conservar o legado indiano

Conservar o legado indiano
21 de Xuño, 2026 - 06:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Fene asume a obriga de coidar o legado froito dos sacrificios da emigración para transmitilo ás futuras xeracións. Dedicará unha subvención da Deputación da Coruña á conservación da Escola Curros Enríquez de Maniños. “Un edificio emblemático”, destacou o primeiro tenente de alcaldesa, Manuel Polo.

ESCOITA O PODCAST:

“Feito polo esforzo da emigración fenesa en Cuba”, lembra Manuel Polo. O edificio foi inaugurado en 1916. “Un exemplo bonito” da xenerosidade dos emigrantes que “buscaron traer a educación”.  O inmoble “necesita unha reforma integral na cuberta” e a iso se vai destinar un investimento de algo máis de 63.000 euros e tres meses de traballos. Coa substitución integral da cuberta proxéctase resolver os problemas de filtración nun edificio que leva en pé máis dun século. O investimento total ascende a 63.262,35 euros, dos que a Deputación da Coruña achegará 50.609,88 euros dun programa de axudas aos concellos para a protección especial sobre o patrimonio cultural público ou de xestión municipal. O prazo estimado de execución dos traballos será de tres meses, unha vez se proceda á súa adxudicación.

Institucional

Publica o teu comentario agora