ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Conservación do patrimonio público e da limpeza das rúas, para que todos gocemos delas sen molestar a ninguén. Deses dous temas falou en Radio Fene a concelleira de Medio Ambiente, Cristina Garcia Moroño.

O muíño do Parque Lineal do río Cádavo é un elemento patrimonial que ten o valor engadido de formar parte dun espazo natural moi frecuentado pola veciñanza. A concelleira de Medio Ambiente explicou o plan de traballo para garantir o seu estado de conservación. Xa baleiraron o cubo hai uns días e nunha segunda fase, prevista para a segunda quincena de agosto, unha vez seque a humidade, limparán e retirarán lodos e sedimentos acumulados no fondo.
Rúas limpas
Chamamento ao civismo persoas tamén da concelleira de Medio Ambiente para manter o aseo urbano e que non se depositen indebidamente residuos na rúa. Trátase de manter aseadas as rúas do municipio e de non causar molestias ao resto das persoas. Explicou que se alguén quere desfacerse de mobles e outros enseres ten a posibilidade de facelo sen abandonalos indebidamente nas rúas. O Concello de Fene facilita á veciñanza un servizo de recollida de voluminosos e tamén conta con un Punto Limpo no que deixar os enseres que xa non precisamos, lembrou a concelleira de Medio Ambiente, Cristina García Moroño.
A recollida de voluminosos faise todas as semanas. Os mércores préstase este servizo en Fene, Perlío, Sillobre, San Valentín e Magalofes. Polo tanto, para non molestar a ninguén, nestas parroquias os enseres deben deixarse o martes pola noite. Os xoves a recollida de voluminosos faise en Maniños, Limodre e Barallore, e deben depositarse na rúa o mércores á noite. Este é un servizo especial que se ocupa do traslado de obxectos de gran tamaño. A recollida de voluminosos está destinada aos residuos que forman grandes enseres, os que non podemos trasladar nos nosos vehículos. Para o resto funciona o Punto Limpo de Vilar do Colo, que abre todas as tardes e tamén os sábados pola mañá, lembrou a concelleira.
Publica o teu comentario agora