A Constitución serviu para rematar co peche do espazo aéreo, segundo Iván Puentes

A Constitución serviu para rematar co peche do espazo aéreo, segundo Iván Puentes

06 de Decembro, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

"A Constitución articula os dereitos dos cidadáns e por iso permitiu adoptar as medidas necesarias para rematar co bloqueo do espazo aéreo" afirmou este mediodia o alcalde de Fene Iván Puentes no acto de conmemoración do Dia da Constitución, celebrado no salón de plenos da Casa do Concello. Puentes tamén sinalou que o texto aprobado en 1978 permitiu celebrar o período máis largo de convivencia pacífi

O alcalde, citando a Alfonso Guerra, indicou que "o gran éxito da Constitución española é a súa ambiguidade, o feito de que non provocara nos seus redactores nen plena satisfacción nen insatisfacción completa". Puentes resaltou igualmente o recoñecemento á autonomía e á nacionalidade histórica dos galegos e galegas, como outro mérito da Carta Magna.

 

O voceiro do Partido Popular Gumersindo Galego plantexou unha reflexión acerca do deficit democrático que ao seu xuizo arrastra o "poder xudicial". Expresou as súas dúbidas acerca do método de elección dos xuices, "simplemente por ter unha carreira de Dereito e aprobar unha oposición" e propuxo o estudo de métodos alternativos para o acceso á carreira xudicial, seguindo o exemplo de paises de máis longa historia democrática. Inclinouse por unha xustiza "máis próxima á cidadanía, cunha revitalización dos xulgados de distrito e a dotación de maiores competencias aos xulgados de paz".

En representación de Esquerda Unida Manuel Veiga, expresou a súa preocupación polo cumprimento da Constitución, sinalando que as recentes medidas económicas aprobadas polo Goberno, "liquidan elementos fundamentais da Carta Magna como a propia denominación de estado social". Amosou a súa preocupación pola retirada das axudas de 426 euros aos parados de larga duración, "unha medida que vai criar máis pobreza na sociedade". Segundo EU, "o goberno púxose de xeonllos diante do poder financieiro internacional e iso socava as bases da democracia e vulnera o principio da soberanía nacional".

Institucional