ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Oito estudantes de Fene foron quen de deseñar un sistema de calefacción para as terrazas de cafeterías que é respectuoso co medio ambiente. “Os robots do Pazo” é o nome do equipo formado por alumnos e alumnas de 1º, 2º e 3º da ESO do IES de Fene. Deseñaron o proxecto de Terraza Ecofriendly. “Quentamos a terraza da cafetería desde os pés”. E conseguiron dous recoñecementos no FIRST LEGO LEAGUE GALICIA.
“Traballaron con moito entusiasmo, traballar con estes pequenos é un luxo, non había horario, sempre nos recreos e os martes ao mediodía, quedabamos xantar no centro”, explica Juana Polo, profesora de Tecnoloxía e adestradora do equipo, xunto con Laura e Raúl, docentes do departamento de Matemáticas. Este ano o tema do certame era a enerxía e empezaron traballar non seu proxecto no mes de outubro “pretendemos substituír as bombonas de butano que se utilizan nas terrazas exteriores das cafeterías por un sistema máis ecolóxico, deste modo o que pretendemos é colaborar na descarbonización da atmosfera. Propuxemos un chan radiante alimentado por unhas placas fotovoltaicas. Fixemos hidróxeno verde coas placas solares”. Consultaron con distintos expertos e ata fixeron os cálculos económicos. “Aínda que a investimento inicial é alto, en cinco anos estaba rendibilizado”. Estes escolares de Fene demostran que o futuro é esperanzador cando se inviste en educación e se se pon a intelixencia ao servizo das persoas.
Publica o teu comentario agora