Construíndo os afectos dende a escola

Construíndo os afectos dende a escola

14 de Febreiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Burela

O Observatorio da Mariña pola Igualdade presenta o número 54 da Revista Galega de Educación “Construíndo os afectos desde a escola” . A presentación terá lugar o xoves 14 de febreiro ás 20.00h no IES Monte Castelo de Burela. Despois do éxito da presentación en Ribadeo, a pasada semana, do libro Teresa Alvajar. Memorias dunha republicana (Ed: Laiovento, 2012) con Aurora Marco, o Observatorio continúa coas súas activida

O monográfico "Construíndo os afectos desde a escola" será presentando por: Emilio González Legaspi, representante de Nova Escola Galega (no cartel figura Carme Díaz Simón, pero por motivos persoais ao final non poderá acudir). Carme Adán Vilamarín, directora do monográfico; África López Souto, colaboradora no monográfico e Inés García Seijo, representante do Observatorio da Mariña pola Igualdade.

A revista, que desta volta aposta pola construción de valores desde o ensino, recolle traballos sobre o cine como ocasión para a transmisión de educación emocional, sobre as cancións de amor e as mensaxes que se transmiten, sobre as estratexias da publicidade ou a construción da masculinidade e feminidade a través da coñecida saga Crepúsculo.

Sociedade