ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A inmensa maioría dos empregados da empresa constructora Camilo Ares serán despedidos pola nova empresa compradora. Así o confirmaron esta mañá asesores da nova firma aos representantes dos traballadores.
Dos 55 empregados cos que contaba a constructora de Neda, a empresa adquirinte só ten previsto manter a entre 6 e 8 persoas, o que suporá o despido de entre 47 e 49 traballadores.
A confirmación chegou esta mañá logo de que os traballadores se concentrasen de novo ás portas da sede que a firma ten en Ferrol. A maior parte deles remataban hoxe o seu período de vacacións, e moitos levan ata seis meses sen cobrar os seus salarios. O cobro destes e das correspondentes indemnizacións vai ser a principal reivindicación dos sindicatos, que agardan as cartas de despido e os motivos alegados nelas, para concretar as medidas a tomar.
Con respecto á nova empresa compradora, desde o sindicato CIG aseguran que os traballadores non coñecen máis datos que o nome da súa administradora e do seu equipo de asesores, que ten sede en Madrid.