Construir sen coñecer o uso futuro

Construir sen coñecer o uso futuro

16 de Xaneiro, 2013 - 12:00 h. | Publicada por Radio Culleredo

“Nova York é un dos centros do universo para o mundo do jazz. Na cidades están as salas de referencia”. Sábeo ben Gonzalo Méndez, galego de Culleredo, que traballa no departamento de mercadotecnia do Jazz at Lincoln Center, a sección dedicada á música da improvisación no que é “o maior centro cultural dos Estados Unidos de América”. E é que a capital oficiosa do mundo é un fervedoiro de propostas e ac

En plena crise económica e con recortes das achegas públicas á cultura, o estudante galego da Universidade de Columbia analiza un modelo diferente ao que experimentou traballando en xestión cultural en concellos españois: “Aquí hai apoio público, pero mediante unha política de taxas: a xente ten a oportunidade de dar cartos ás asociacións, ás compañías teatrais ou aos centros culturais que o desexen”. Tamén se favorece o mecenado privado da cultura: “Para as empresas é máis sinxelo porque teñen un sistema para desgravar cartos a través do financiamento á cultura e ás actividades de carácter social”.

O Lincoln Center, no que Gonzalo Méndez realiza a súas prácticas, recibe “achegas millonarias”, explica. “Iniciouse nos anos 60, e inclúe a Metropolitan Opera House, escenarios para a Orquestra Filarmónica, teatrais, de danza, cine, jazz e escolas de danza e música”. “É un referente para todo o mundo”, asegura.

Gaiás

Proxectos culturais como ese empregáronse como referentes para xustificar a Cidade da Cultura de Galicia, mais as diferenzas resultan evidentes. “O único comparable é a infraestrutura e a achega económica”, concreta o estudante galego. “O proxecto arquitectónico é fermosísimo, mais carece de planificación para adaptalo á realidade de Galicia”, engade, antes de detallar que “o Lincoln Center serve a dez veces a poboación galega”. Dende a súa experiencia, sintetiza o conflito da infraestrutura do Gaiás: “O problema é construír sen saber para que se vai utilizar”.

Cultura