Consuelo Martinez: “O goberno non prepara Navantia Fene”

Consuelo Martinez: “O goberno non prepara Navantia Fene”

02 de Outubro, 2014 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A dependencia do Ministerio de Defensa e o desvío de carga de traballo a Cádiz representan circunstancias moi preocupantes para o futuro de Navantia. Manifestouno así a deputada da Alternativa Galega de Esquerda, Consuelo Martínez, tras entrevistarse cos representantes dos traballadores. A parlamentaria percibiu unha grande preocupación entre os empregados dos estaleiros e reclamou unha maior preparación da factoria de Fene para a súa entrada en todo tip

Martinez censurou a ausencia dos Orzamentos Xerais do Estado de calquera partida para o Buque de Acción Marítima anunciado polo ministro de Facenda Cristobal Montoro no pasado mes de febreiro. "Se non figura nos orzamentos non existe, porque ainda a consignación non é garantía suficiente da súa realización, como pasou co dique flotante" salientou a deputada de AGE.

Sociedade