ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
"Se de verdade queremos conservar as nosas industrias de transformación do agro, temos que optar nas nosas compras por produtos galegos e, ademais, etiquetados na nosa lingua. Unha maneira de exercer o galeguismo na vida cotiá." Son palabras dos promotores da campaña Consumogustos, unha iniciativa que pretende fomentar o consumo de produtos etiquetados en idioma galego.
A iniciativa pretende amosar o compromiso de optar por aqueles produtos galegos, etiquetados e comercializados "na lingua que herdamos dos nosos antepasados, e que queremos manter viva e transmitir aos nosos descendentes". Participan na campaña do Foro Enrique Peinador, Amancio Prada, Alba Nogueira, Uxía, Rubén Riós, Suso de Toro, Antón Reixa e Morris, entre outros.