ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
A punto de coñecer as obras gañadoras dos Premios Curuxa 2026. O xurado emitirá o seu fallo este mércores, día 15 de xullo, segundo avanzou o Museo do Humor Xaquín Marín.

O Museo do Humor Xaquín Marín anunciou que pasado mañá terá lugar a xuntanza do xurado do concurso de humor gráfico e caricatura Premios Curuxa 2026. Os humoristas gráficos Xaquín Marín, Luís Davila e Carlos López (Pinto&Chinto) e a responsable do Museo do Humor Xaquín Marín, Almudena Marcos (que actuará en calidade de secretaria) compoñen nesta edición o xurado do certame. Reunirase o mércores ás 11.00 horas no museo fenés para avaliar as obras presentadas. O mesmo día, ao longo da tarde, darase a coñecer o fallo a través da páxina web e redes sociais do Concello de Fene e Museo do Humor Xaquín Marín.
Publica o teu comentario agora