Conta atrás para as festas de Sillobre

Conta atrás para as festas de Sillobre
21 de Agosto, 2024 - 01:52 h. | Publicada por Radio Fene
Comeza a conta atrás para as festas de Sillobre. A orquestra Galia e o duo Boreal arrufarán a festa o sábado 31. O grupo Atenas e o duo Estrellas tocarán o domingo un de setembro. As festas de Sillobre comezarán o venres 30 coa charanga Carmiña facendo un  percorrido pola parroquia.

As festas do San Ramón de Sillobre gozaron no seu tempo de sona en toda á comarca. Celebrábase unha romaría na que participaban milleiros de cidadáns de toda a zona como reflexa Carmen Beceiro Vizoso na súa novela "A fermosa aldeana" publicada en Barcelona en 1889.

Cultura

Publica o teu comentario agora