ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
A Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG) convoca os XX Premios de Teatro María Casares, cuxa gala de entrega se celebrará o vindeiro 30 de marzo no Teatro Rosalía Castro da Coruña. Poderán participar todos os espectáculos profesionais de teatro de actor en lingua galega estreados entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2015 e o prazo de inscric
A sección específica da web para os Premios de Teatro María Casares contén unha ampla base de datos dos espectáculos presentados ao longo das anteriores edicións e irá incorporando as producións que se presenten a este galardón. No formulario de inscrición, as compañías han de incorporar un programa, cartel e fotografías do espectáculo, ademais de indicar os seus candidatos nas diferentes categorías.
Os Premios de Teatro María Casares entregáronse por vez primeira en 1997 e no vindeiro 2016 chegarán a súa vixésima edición sendo o gran escaparate do teatro e a gran festa para todos os profesionais do sector. En total, os galardóns contan con 14 categorías: espectáculo, espectáculo infantil, actriz protagonista, actor protagonista, actriz secundaria, actor secundario, dirección, adaptación-tradución, texto orixinal, música orixinal, iluminación, escenografía, maquillaxe e vestiario. Durante a gala, que se celebrará o 30 de marzo, entregarase o Premio de Honra Marisa Soto e darase a coñecer o Manifesto Galego no Día Mundial do Teatro.