Contaminación e enfermidade van da man

Contaminación e enfermidade van da man
23 de Febreiro, 2021 - 12:30 h. | Publicada por Radio Fene

A contaminación e a saúde están estreitamente unidas, van á par, teñen unha relación moi directa.

ESCOITA O PODCAST:

A contaminación é a principal causa de morte no mundo. O risco está en sofrir enfermedades respiratorias, cardio-vasculares, da pel, oculares, diferentes enfermidades crónicas e cancro. En palabras de Margarita Rodriguez, de 4ECO Narón, os últimos estudos demostran que unha exposición permanente a un ambiente contaminante (por exemplo vivir ao pé dunha estrada ou dunha fábrica) poder ser causa de ictus e de alteracións inmunolóxicas.

"Teñen que acabarse os combustibles fósiles". Petróleos, gas, carbón deben deixar paso á transición ecolóxica, ao cambio por enerxías limpas. “Na man dos gobernos está” afirma Margarita Rodríguez, quen insiste en que na maioría das cidades póñense problemas cando se trata de humanizalas e de potenciar zonas peonís e zonas verdes. “Está demostrado que a peatonalización mellora a calidade do aire e polo tanto a saúde”. Insiste en que usemos menos o coche e nos despracemos a pe, en bici ou compartindo veículo con outras persoas. Contribuimos así a reducir o nivel de contaminación de de paso facemos exercicio, as dúas cousas son boas para estar máis sans.

 

 

Sociedade

Publica o teu comentario agora