Contaminar menos sae a conta

Contaminar menos sae a conta
10 de Maio, 2024 - 06:33 h. | Publicada por Radio Fene

Fene faise coa maior axuda da historia do Concello para mellorar a súa eficiencia enerxética. Un paso importante para aforrar na factura da luz e tamén para diminuír a contaminación lumínica. O alcalde, Juventino Trigo, informou en Radio Fene dos detalles da axuda concedida.

ESCOITA O PODCAST:

O Concello de Fene foi o segundo con mellor puntuación nesta convocatoria do programa de axudas que concede o Instituto para a Diversificación e o Aforro da Enerxía, dependente do Ministerio para a Transición Ecolóxica. Fene consegue preto de 750.000 euros para a renovación do alumeado público e a rede de semáforos. A renovación de 732 puntos de luz suporá un aforro do 88,3% dos custes de enerxía. O Concello non terá que endebedarse para acometer o proxecto porque o IDAE concede o 100% do investimento, reembolsable en función do aforro acadado e sen xuros. O proxecto, que fora presentado polo Concello de Fene no último trimestre de 2023, contempla a substitución dun total de 732 puntos de luz na Estrada da Palma, o Cemiterio Municipal de Barallobre e a súa contorna; a Estrada de San Marcos; a Rúa Travesa; a Fonte Nova – Sartego e as inmediacións do Polideportivo A Xunqueira e Paseo Marítimo. Tamén na rede semafórica. Serán substituídos por puntos de luz de maior eficiencia enerxética e o Concello dotarase dun sistema de telexestión, que permite  monitorizar o servizo en tempo real e a detección inmediata de avarías. 

 

Institucional

Publica o teu comentario agora