ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Compromiso por Galicia gastará na campaña das eleccións europeas un total de 49.610 euros. Compromiso por Galicia fai público o seu orzamento para a campaña das elecccións europeas para dar exemplo de transparencia, agardando que as demais forzas políticas tamén o fagan.
Compromiso por Galicia fai público o seu orzamento para a campaña das elecccións europeas, que ascende a un total de 49.610 euros e insta ás demáis forzas políticas a que teñan a mesma transparencia e publiquen as súas contas.
Os gastos de camaña de CxG proveñen de recursos propios da formación (21.778,22 euros) e de recursos alleos (27.831,78 euros), dos que 6.000 proceden de doazóns de simpatizantes e afiliados/as e 21.831,78 de anticipo eleitoral de Coalición por Europa, a formación coa que concorre ás eleccións ao Parlamento Europeo canda PNV, CiU e Coalición Canaria.
En canto aos gastos de campaña repartiranse do seguinte xeito: 2.000 euros para o equipo de campaña; 7.700 para deseño, produción e artes gráficas; 6.300 para publicidade en medios de comunicación; 23.000 euros para os envíois eleitorais; 2.000 para ouros gastos e 8.610 euros para o pagamento do IVE.
Neste sentido, tanto para o cabeza de lista de Compromiso por Galicia ás eleccións ao Parlamento Europeo, Paulo Carlos López, como para o secretario de Finanzas e Política Económica da formación, Manuel González, a publicación das contas “é un exemplo máis de como entende Compromiso a política, como un exercicio de transparencia”.
Neste sentido, os representantes de Compromiso por Galicia instan “ao resto de formacións galegas a que publiquen o seu orzamento de campaña como estamos facendo nós, porque recuperar a confianza da cidadanía nas formacións políticas comeza por ser transparentes nas contas”.