As contas da Semana Santa de Ferrol

As contas da Semana Santa de Ferrol

04 de Novembro, 2015 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O Concello de Sevilla subvencionou ás confrarías da Semana Santa da cidade con 51.000 euros cun presuposto total de máis de 746 millóns de euros no 2014 e caseque 700.000 habitantes. En Ferrol chegouse o ano pasado a 75.000 euros cun orzamento de 71 millóns de euros e pouco máis de 70.000 habitantes.Nas duas cidades gobernaba ata o mes de maio o Partido Popular.

Segundo a coordenadora de confrarias de Semana Santa, o orzamento total deste ano  incluiu 40.000 euros (da Xunta de Galicia) para promoción turística e unha cantidade sen determinar da impresión e confección da cartelería, revistas e folletos que correu a cargo da Deputación da Coruña. O Concello de Ferrol aportou 75.000 euros que se destinaron 36.268 a flores de adorno dos tronos, 19.858 ás bandas de música, 17.254 a amaños de tronos, velas e caramelos e 1.620 ao Seguro da actividade. O orzamento global das subvencións da administración pública rondaría os 125.000 euros.

Máis alá dos presupostos para adornos, o bispo da diócese, Manuel Sánchez Monge, emprazaba ás confrarías a traballar "para que os confrades sexan cristiáns maduros , cristiáns comprometidos coa Igrexa, co Evanxeo, cos pobres, estamos nun camiño que habemos de seguir percorrendo e a Semana Santa tamén ten que madurar como expresión relixiosa do pobo".

Sociedade