As contas de Fene non contan co apoio do PP

As contas de Fene non contan co apoio do PP

01 de Marzo, 2010 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

O alcalde de Fene ve factible chegar a un acordo co BNG en torno aos orzamentos deste ano 2010. Iván Puentes quere aprobar ingresos e gastos antes de finalizar o presente mes de marzo. As acusacións entre PSOE e PP de Fene son mútuas en relación cos verquidos á praia de Limodre, problema que Fene quere amañar entre hoxe mañán.

Entre hoxe e mañán, coincidindo coa marea baixa, realizaráse a operación de desentullo do emisario de Limodre en Fene , cando Augas de Galicia o confirme, segundo declarou o alcalde Iván Puentes. Primeiro probarase con auga a presión e se non vai con auga, faráse con presión de aire  No mar, na saída do colector, estarán submarinistas vixiando a operación.

O PP de Fene acusa ao BNG e ao PSOE da situación á que chegou o emisario de Limodre. Defende o seu portavoz, Gumersindo Galego, que o Bloque construiu o polígono industrial de Vilar do Colo sen contemplar como mínimo unha depuradora, mentras que o goberno actual do PSOE non realizou o mantenemento preciso. Puentes dalle a razón a Galego na primeira parte do seu razoamento e engade que nos anos nos que gobernaron a Xunta os populares non deron un can para a depuración da ría.

Orzamentos 2010

No espacio As Foxas, Galego explicou as suas pegas ao borrador de Orzamentos do 2010 en Fene. Entre os escollos para apoialo está a solicitude dun novo préstamo e o descoñecemento de a canto ascende a débeda cos proveedores. Puentes calificou de “desgracia” que a oposición adopte esta postura e en particular o PP que nunca aprobou os orzamentos. Dende hai 8 anos, sempre votou en contra, cos mesmos argumentos. Puentes informou que nos ultimos anos Fene reduciu a sua débeda a finais do 2009, en medio millón de euros. Agora van pedir un crédito de 300.000 euros para poder facer investimentos. En relación coas conversas co BNG, Puentes agarda chegar a un entendemento nos Orzamentos.

De falta de xestión e abandono, acusan os populares ao goberno de Iván Puentes, alegando que se perderon subvencións para determinadas obras por "deixadez". A paralización das obras das beirarruas de Barallobre, afirmou Galego  son un exemplo da falta de xestión dos socialistas que "durmiron o sono dos xustos"En relación co novo Plan E,  demanda o PP que non se despilfarren os cartos como no primeiro. Amosaron o seu acordo coas elexidas nesta ocasión. Por ultimo, o portavoz popular de Fene confirmou a sua presencia mañán na Galeria Sargadelos na xuntanza convocada por Rumbo 21, apoiando a retirada do veto a Navantia.

Sociedade