Contentos e satisfeitos

Contentos e satisfeitos
09 de Decembro, 2021 - 12:39 h. | Publicada por Radio Fene

“Volvemos contentos e satisfeitos do desprazamento a Pontedeume” salienta o entrenador do Maniños Pablo Mesa. “Foi un partido bastante igualado, pero nós temos individualidades que desequilibraron ao noso favor. Nunha acción combinatoria de Roi e Iago, este último mete un auténtico golazo” apunta Mesa.  O Eume aumentou entón a presión pero o Maniños defendeuse con acerto. Xa na última xogada, Roi déixalle o balón a Casteleiro que marca o 0-2. Na Primeira Galicia de fútbol. Eume 0 – 2 Cultural Maniños.

ESCOITA O PODCAST:
Cultural Maniños. Primeira Galicia de fútbol

Fotografía: Xan Xe Corral

Deportes

Publica o teu comentario agora