ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Para este xoves están citados ante o xuíz, tamén en calidade de imputados o xefe de Inspección da Xerencia de Área de Seguridade na Circulación-Noroeste, e os dous inspectores da devandita xefatura. O voceiro de Alternativa Galega de Esquerda (AGE), Xosé Manuel Beiras, cre que "efectivamente" Renfe e Adif "están a obstruír" o labor do xuíz que investiga o accidente ferroviario acontecido en Angrois o pasado 24 de
O director de Seguridade na Circulación de Adif e o xerente da Área de Seguridade na Circulación Noroeste acolléronse ao que indica o "regulamento" para asegurar que a sinalización do tramo no que o pasado 24 de xullo se produciu o accidente do tren Alvia "era a correcta" e a curva de A Grandeira era "segura" para a circulación. Os dous responsables de Adif, os primeiros en declarar como imputados de entre os cinco citados polo xuíz Luis Aláez, compareceron ante o xuíz este mércores ante o titular do Xulgado de Instrución Número 3 de Santiago durante unhas cinco horas. Nin á entrada nin á saída do edificio xudicial de Fontiñas, acompañados dos seus avogados, quixeron facer declaracións.
Pola contra, os avogados representantes de varias das vítimas, tamén presentes na vista, si compareceron ante os medios para criticar as "evasivas" coas que os cargos de Adif responderon ás preguntas de acusacións e defensa. Neste sentido, Jesús Alonso, avogado de vítimas comparecidas na causa, criticou que os dous responsables "contestaran totalmente con evasivas" durante a sesión e non "quixeran responder claramente" ás preguntas formuladas. Outro avogado de varias vítimas, José Lorenzo, anunciou que pedirá que declare ante o xuíz o responsable de retirar varios sinais de velocidade.