ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
Ao longo da mañá, rapaces e rapazas de distintos centros de ensino están a pasar polas instalacións do Círculo de Perlío para participar nos obradoiros ecolóxicos e no cinefórum ambiental que organiza a Concellería de Medio Ambiente de Fene. O ciclo rematará mañá cunha nova sesión de obradoiros e cunha mesa redonda na Casa da Cultura (19 h.) sobre a “problemática ambiental da Ría de Ferro
O consumo responsable, a mellora e mantemento das instalacións e o control sanitario, son os tres piares na xestión sostible da auga. Nestes termos se manifestou onte en Fene o director de Servizos Corporativos de Emafesa, Alberto Llorente Zas. O representante da Empresa Mixta de Augas de Ferrol asegurou, durante a súa intervención nas I Xornadas Ambientais de Portas Abertas a Ferrolterra, que o consumo de auga na comarca diminuiu nos últimos anos, á par que se incrementaron os procesos de control de calidade.
Dende que a empresa Emafesa se ocupa da xestión da auga en Ferrol, unha das súas prioridades foi, segundo Alberto Llorente, potenciar o consumo responsable. Para iso puxéronse en marcha campañas informativas e mesmo se impulsou -co respaldo do Concello- un novo sistema de tarificación.
“A xestión das augas e dos residuos” foi o tema da primeira mesa redonda que onte se celebrou na Casa da Cultura de Fene. Tamén participaron como relatores o xefe de Producción da Zona Norte de Galicia de Aquagest, Jose María Ouro, e o director de producción da empresa Recinor, Juan Rilo.
Establecer un foro de debate sobre a problemática ambiental da comarca de Ferrolterra é o principal obxectivo destas xornadas que se veñen celebrando ao longo da semana en Fene e que concluirán mañá, venres, cunha mesa redonda na que se falará sobre a ría de Ferrol, “un dos principais motores naturais da comarca”, como asegurou o alcalde de Fene na presentación do ciclo. O doutor Carlos Piñeiro, o xestor e auditor ambiental Ramiro Barrio e o biólogo Joám Luis Ferreiro serán os convidados a este último acto das Xornadas de Portas Abertas a Ferrolterra. As charlas comezarán ás sete do serán na Casa da Cultura de Fene.