Continua a batalla da planta de gas de Mugardos

Continua a batalla da planta de gas de Mugardos

30 de Abril, 2009 - 12:00 h. | Publicada por Radio Fene

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galicia (ADEGA), e outros colectivos do Comité Cidádán de Emerxencia para a ría de Ferrol, veñen de presentar alegacións contra a ampliación da capacidade regasificadora de REGANOSA a 825.600 m3(N)/h, isto é, ao duplo da capacidade actual. Segundo os ecoloxistas, esta ampliación multiplicaría o risco do trafego de gaseiros pola ría (pasarían dos actuais 50 a 1

ADEGA agarda que, como acaba de acontecer cos depósitos do Ferrazo (Vilagarcía), sexan os tribunais os que confirmen a ilegalidade da planta de Mugardos: nos dous casos, faltou o preceitivo estudo de impacto ambiental. No caso dos depósitos do Ferrazo, o Tribunal Supremo na súa sentenza: ratifica a resolución previa do TSXG (2006) declarando a nulidade da autorización dada pola Xunta de Fraga para a instalación dos depósitos en Vilagarcía, por carecer de estudo de impacto ambiental Segundo o Supremo, a autorización das instalacións en Vilagarcía non puido obviar o trámite de impacto ambiental, por ter "efectos significativos e relevantes" sobre o ambiente.

Sociedade