ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
Facebook
Twitter
O ciclo noite de cine de Fene chega esta noite ao seu ecuador. “La búsqueda II: El diario secreto” será proxectada hoxe á noite na pista O Pote de Maniños. O filme, da factoría Disney, comezará ás 10.
No mes de agosto o programa de noite de cine seguirá o seu curso, proxectándose así outras 4 películas. O filme “Pequeños salvajes” proxectarase o 3 de agosto no parque da Hortiña de Limodre ás 10 da noite. A seguinte película será “La brújula dorada” o 11 de agosto tamén ás 10 da noite na pista polideportiva CCRD Perlío. O 18 será a pista CMI Unidade de Fene a encargada de proxectar “El castillo ambulante” ás 9 da noite. “Nocturna” será a película que pechará este ciclo de cine de verán o xoves 27 de agosto no Local Social Liga de Amigos de Barallobre. O filme comezará ás 8:30 do serán.