ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O adestrador Jesús Peña Criado continuará a vindeira tempada no banco do Perlío na Primeira Futgal. A directiva mantén a confianza plena no técnico, e confirmou a súa permanencia para a próxima campaña. O club xa iniciou os contactos cos xogadores para perfilar o conxunto. Segundo Peña, a intención é manter a "practicamente todos os xogadores", realizando apenas tres ou catro fichaxes en posicións específicas para dar máis profundidade ao equipo.

O Perlío viviu onte domingo unha xornada complicada na súa visita ao Oza Xuvenil. Caeu derrotado por un contundente 7-0. O encontro comezou con certa igualdade nos primeiros quince minutos, pero o primeiro gol local descolocou ao Perlío. Segundo explicou Peña, o 2-0 no minuto 25 foi o punto de inflexión que fixo que o equipo "baixase os brazos". O adestrador mostrouse crítico coa imaxe dada: "Estamos desgustados porque, aínda que non nos xogamos nada, non queremos que o equipo se renda. Esa non foi a nosa sinal de identidade na tempada e co Oza non competimos" concluiu.
Publica o teu comentario agora