ACTUALIDADE
-
Novas
Novas sobre programas, emisoras,... Todo o mais actual e de interese nesta sección.
-
Radio á carta
Escoita online os podcasts dos teus programas favoritos de Radiofusion.
Praza Alcalde Ramón Souto s/n, 15500 Fene (A Coruña) Galicia - Tfno. 981 492 773 - noticias@radiofusion.eu
O Festival Atlántica de Narración Oral chega á súa cuarta edición cun programa cargado de historias e novidades. Bares, teatros e entidades de Compostela encheranse de historias entre o sábado 12 e o xoves 17 de marzo, cunha diversa participación de contadores profesionais latinoamericanos (Cuba, Perú, Colombia) e unha nutrida representación portuguesa (
Este ano o Festival Atlántico contará con algunhas dos narradores máis importantes do mundo en lingua castelá. Deste xeito, a amazónica Cucha del Águila (Perú) traerá o seu traballo comprometido coas mulleres da selva e a ameazada ecoloxía do bosque ecuatorial. A colombiana Carolina Rueda, considerada unha das mellores contadoras do mundo pola crítica e os profesionais, amosará o seu amplo repertorio e o cubano Aldo Méndez dará conta da fusión entre a palabra e as outras grandes artes.
Xunto a estes tres narradores latinoamericanos, Atlántica 2016 prestará atención este ano a Portugal a partir da presenza de Vítor Fernándes (Tras-os-montes), Ana Sofia Paiva (Lisboa) e Valter Peres (Azores), do resto do Estado, como Marián Colina (Madrid) e unha ampla presenza galega, encabezada por Quico Cadaval e que conta con Caxoto, Celso Fernández Sanmartín, Paula Carballeira, Ángeles Goás, Avelino González, Fátima Iglesia Villamel, Cándido Pazó, Charo Pita, Raquel Queizás, Vero Rilo e Gema Santos.
Rapazada
Un dos aspectos máis destacados do festival é a participación, neste ano, de máis de 2000 nenos a través dun denso programa de visitas escolares, institutos e centros de educación que se beneficiarán e aproveitarán dunha programación pensada para eles, pensada na interculturalidade e no encontro entre razas, ideas e territorios. Varios colexios de Compostela participan neste programa. Os nenos disfrutarán, ademais, dun Maratón de Contos para eles, o domingo 13 ás 17:00 na Nave de Vidán.
Rede
O evento tamén servirá para formalizar a Rede de Festivais do Atlántico, unha iniciativa para coordinar os festivais de narración oral de Galicia, Lisboa, Azores e Madeira a través da xuntanza de xestores e técnicos culturais destes diferentes territorios e iniciar accións e eventos conxuntos. Ademais, concederase a Corna de Honra ao Maratón de Contos de Guadalaxara, no seu 25º aniversario, por ser un dos principais encontros de narración oral da Península Ibérica.
O Festival Atlántica de Narración Oral está dirixido pola actriz Soledad Felloza e conta coa participación na organización dun importante conxunto de profesionais da narración e activistas culturais que loitan desinteresadamente porque Santiago de Compostela poida converterse nun referente da narración oral en Europa.
Pódese consultar todo o programa en festivalatlantica.com ou en facebook.com/festivalatlantica.